Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

ISBN 978-84-938104-4-3

Formato 17 x 24 cm

64 páxinas

Encadernación cartoné

Impresión cor

Idioma español | tamén dispoñible en galego

Prezo 13.00 €

Muerte en el Nilo

Guión de Agatha Christie (adaptación François Rivière) | Debuxos de Solidor

Da man dos franceses François Rivière (1949), á fronte do guión, e Solidor –pseudónimo de Jean François Miniac (1967)– como debuxante, chega esta adaptación á banda deseñada dun auténtico clásico do xénero policial da célebre novelista inglesa Agatha Christie (1890-1976). Ambientado nun cruceiro por Exipto, o caso supón un novo desafío para as “pequenas células grises” de Hércules Poirot, que ten que interromper o seu arelado descanso para descubrir, nun barco ateigado de sospeitosos, quen deles é o asasino da rica herdeira Linnet Doyle e dos outros pasaxeiros que morren consonte avanzan as pescudas. O achegamento escollido polos creadores para adaptar a novela salienta pola súa minuciosidade e rigor, recreando con acerto os exóticos escenarios e as diferentes fases da investigación e acadando un resultado que garante unha gratificante lectura. 

 

Praza do Toural, 9 - 2º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com