Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

ISBN 978-84-938104-6-7

Formato 17 x 24 cm

64 páxinas

Encadernación cartoné

Impresión cor

Idioma español | tamén dispoñible en galego

Prezo 13.00 €

Los Cuatro Grandes

Guión de Agatha Christie (adaptación Alain Paillou) | Debuxos de Solidor

Alain Paillou (1958) leva a cabo esta nova adaptación á linguaxe da banda deseñada dunha novela escrita en 1927 pola raíña inglesa do crime, Agatha Christie (1890-1976). O detective Hércules Poirot, coa axuda do seu vello e fiel amigo o capitán Hastings, enfróntase a unha poderosa banda internacional de criminais que pretende dominar o mundo. As recorrentes trampas dos “Catro” dificultan a investigación, pero Poirot acabará con todos os seus plans, mesmo poñendo en risco a súa vida, para rematar de vez co complot. Paillou, responsable do guión e dos debuxos e grande afeccionado ao xénero policial, soluciona con acerto a diversidade de localizacións e saltos temporais da historia, así como o carácter trepidante da acción, mantendo o suspense ata as páxinas finais.
 

Praza do Toural, 9 - 2º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com