ISBN 978-84-938832-0-1
Formato 17 x 24 cm.
148 páxinas
Encadernación rústica con lapelas
Impresión cor
Idioma español | tamén dispoñible en galego
Prezo 16.00 €
Guión de Jay Faerber | Debuxos de Fran Bueno
El Patito Editorial presenta neste álbum unha nova entrega da coñecida serie creada polo americano Jay Faerber (1972) e debuxada por Fran Bueno (Santiago de Compostela, 1967), arredor das aventuras dos Nobre, unha familia de superheroes con gran fama e poder. As ambicións, os máis escuros segredos e desexos e mesmo as requintadas traizóns dos Nobre, quedan ao descuberto neste episodio, no que o seu amigo Krennick se converte no principal sospeitoso do asasinato dunha prostituta que foi atopada morta nunha calella vestida como Zephyr Nobre. O detective Ryan O’Mega tentará resolver o misterio, para o cal terá que sortear moitas trabas. Entrementres, a escenografía trasládanos ao desenvolvemento dos acontecementos no universo paralelo e tamén no espazo exterior, xa que os medio irmáns Rusty e Frost vense obrigados a compartir equipo nunha misión do goberno para salvar uns científicos. Ademais, Gaia comeza neste episodio a percibir preocupantes mudanzas no carácter do seu marido, Doc, que terán un sorprendente desenlace. Acción, aventura de superheroes e conflitos familiares nunha serie de abraiante feitura.